BNG ao día. Boletín de información do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego do Concello de Vigo
ver o contido principal desta páxina
Inicio Portada 'BNG ao día'
Versión gráfica
principal
Información e Participación Cidadá
29/07/2010: Santi Domínguez recibe aos mozos e mozas de Italia, Chipre, Dinamarca e Eslovaquia do intercamio Vigo´ing together
Vigo, 29 de xullo de 2010.- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, recibiron hoxe aos 30 mozos e mozas e 5 monitores que participan no programa de intercambio Vigo´ing together, un proxecto de educación non formal e tempo libre baseado na cultura mariñeira á que están ligados os países dos grupos participantes que, xunto con España, son Italia, Dinamarca, Esolovaquia e Chipre.O tenente de alcalde deu a benvida aos participantes no intercambio e animounos a aproveitar a súa estadía “nunha cidade que é xove como vós e que está orgullosa de ter sempre un espazo para a xuventude”. Santi Domínguez dixo que era unha gran noticia que estiveran estes días en Vigo porque ofrecen a posibilidade de que nosos mozos e mozas se acheguen a culturas diferentes e aprendan delas.
“O importante destes intercambios é que a xuventude podedes axudarnos a construír unha sociedade mellor. Os valores que hoxe a mocidade defende como a solidariedade, o pacifismo, o ecoloxismo, a modernidade os queremos incorporar ao noso traballo para facer unha sociedade mellor”, asegurou o tenente de alcalde.
A concelleira Iolanda Veloso salientou que nesta época, na que as relacións entre os países son máis doadas, é importante que “a xente nova coñeza outras culturas e teña proxectos en común con mozos e mozas doutros países”. A responsable de Xuventude tamén quixo agradecer o traballo de Abertal, que é a entidade organizadora do intercambio.
| |
Máis novas da área de traballo
Santiago Domínguez quere que as bibliotecas abran de noite en época de exames e propón crear salas de estudio
A concellería de Xuventude anima a participar na Festa de Nadal que o colectivo cultural “La Tanda” organiza o sábado no pub Ensanche
O vindeiro luns comeza no pavillón das Travesas a vinte edición do Campamento Urbano
Vigo súmase a Rede de Centros Quérote coa apertura dun centro de orientación á mocidade no Casco Vello
Silvia Bermúdez inicia unha rolda de entrevistas cos colectivos xuvenís da nosa cidade
Áreas de traballo
Información e Participación Cidadá
Urbanismo
Infraestruturas
Mobilidade, Tráfico e Seguridade
Medio Natural
Cultura e Patrimonio Histórico
Educación
Normalización Lingüística
Servizos Sociais e Benestar Social
Sanidade
Muller
Mocidade
Turismo, Comercio e Emprego
Facenda e Persoal
Deporte
Barrios e Parroquias
Varios
Outros:
Hemeroteca
Opinión
Páxina anterior
Parte superior da páxina
Información de contacto co grupo Municipal do BNG do Concello de Vigo:
Correo: info@bng-vigo.org.
Dirección: Praza do Rei s/n 8º Andar
Créditos Aviso Legal Sobre a versión accesíbel Suscrición ao Boletín electrónico